Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, informa de que o Concello de Lalín vén de lle adxudicar á firma Idom Consulting, Engineering, Architecture S.A.U os servizos de asistencia técnica para o apoio, xestión e seguimento das actividades e proxectos, así como para a información e publicidade da estratexia DUSI Lalín Ssuma 21. Esta entidade foi a que alcanzou unha maior puntuación entre as dúas que se presentaron ao proceso de licitación aberto posto en marcha polo Concello. O contrato ten un período de execución de 3 anos e foi adxudicado por unha oferta económica de 42.350 euros anuais dun orzamento de licitación de 54.422,64 euros, polo que se alcanzou un aforro anual de máis de 12.000 euros.

 

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, explicou que a contratación da asistencia técnica é necesaria para executar adecuadamente todos os trámites determinados na execución dunha estratexia de tanta complexidade como a Lalín Ssuma 21. Así, a entidade adxudicataria vaise dedicar á parte máis técnica da execución da estratexia encargándose de diversas tramitacións e de que, por exemplo os gastos se axusten ás normas FEDER, pero tamén será a responsable de xestionar cuestións de publicidade ou información pública.

González Casares lembrou que a contratación desta asistencia é obrigatoria por parte de todas as entidades beneficiadas, tal e como establece a orde europea que regula estas axudas e que marca que hai que destinar a gastos de xestión o 4% dos fondos desta achega.

 

Por outra banda, o tenente de alcalde anunciou que en breve prazo se convocarán os exames para a contratación a tempo parcial dun/ha técnico/a de xestión xeral de grupo A para a aplicación da estratexia Lalín Ssuma 21. En total presentáronse a este proceso 12 persoas, á espera de que se publique a lista definitiva de persoas admitidas.

TAGS