Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

O CONCELLO LEVARÁ A CABO UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN EN LALÍN DE ARRIBA QUE POÑEN EN VALOR O CAMIÑO DE INVERNO

  • A campaña rematará cunha Xornada Informativa dirixida á veciñanza na que participarán expertos que resaltarán o conxunto arquitectónico desta contorna que supón a entrada ao ‘Camiño do Inverno’ ao seu paso por Lalín

 

  • As obras xa rematadas recuperan e humanizan a antiga calzada de pedra que discorría dende Lalín de Arriba en dirección ao centro urbano e promoven un maior coñecemento dos activos con valor histórico e cultural por parte dos visitantes e dos propios lalinenses

 

 

 

Sábado, 6 de novembro de 2021

Co obxetivo de dar a coñecer á veciñanza esta rehabilitación e posta en valor da contorna de Lalín de Arriba, o Concello levará a cabo nas vindeiras semanas unha Campaña Informativa en redes e medios que rematará cunha Xornada na que estarán presentes expertos en patrimonio, urbanismo e turismo para dar a coñecer á veciñanza ás actuacións realizadas. Esta actuación mellora a identidade patrimonial de Lalín e promove un maior coñecemento da contorna e dos seus activos con valor histórico e cultural por parte dos visitantes e dos propios lalinenses, apoiándose na conservación do medio ambiente para mellorar a calidade de vida dos veciños.

 

O Concello xa rematou as obras de acondicionamento e rehabilitación da área urbana de interés cultural e patrimonial de Lalín de Arriba, unha contorna de alto interese histórico e cultural situada xusto á entrada no centro urbano do denominado 'Camiño de Inverno', unha variante do Camiño de Santiago, sendo por tanto a área de recibimento que moitos peregrinos atopan ao entrar en Lalín.

 

UN INVESTIMENTO DE 270.000 EUROS

Esta operación, enmarcada na Estratexia EDUSI Lalín SSuma21, supón un investimento duns 270.000 euros e consiste na recuperación dos elementos singulares da contorna e a humanización do barrio de Lalín de Arriba mediante a recuperación da antiga calzada de pedra que discorría dende ese lugar en dirección ao centro urbano, xunto coa rehabilitación e posta en valor do conxunto arquitectónico. A iso súmase a peonalización da área afectada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

 

Este enclave de alto valor atopábase ata o de agora deteriorado, sen ningún tipo de aproveitamento, con sinalización deficiente e con risco de perda dos seus principais elementos identificativos. Grazas a estas obras de rehabilitación, poñerase en valor un conxunto de gran interese turístico como paso do Camiño de Inverno cara a Santiago que xa a día de hoxe está a revalorizar a zona e darlle visibilidade e coñecemento coa idea de asentalo na colectividade como un plan de futuro.

 

Cabe sinalar que o barrio de Lalín de Arriba é a orixe primixenia do núcleo de Lalín ligado á existencia do Mosteiro de San Martiño de Lalín, unha igrexa monacal románica construída sobre un templo de orixe prerrománico que se cre data do ano 980. Na contorna atópanse tamén varias casonas reseñables, o antigo cemiterio adxunto á igrexa, un conxunto de 'cruceiro' e fonte tradicional galego e unha calzada de pedra actualmente asfaltada e acondicionada para a circulación de vehículos.

 

No transcurso da escavación levada a cabo nunha primeira fase dos traballos, documentouse unha necrópole que parece encadrarse non final da Idade Media e principios da Idade Moderna. Tamén se están a realizar estudos dos 47 enterramentos atopados, dos que a maioría xa non conservaban restos óseos, dado o estado de deterioro no que se atopaban as tumbas. Estes restos humanos pertencerían a uns 15 adultos mozos que vivían en condicións precarias, tal e como se desprende da análise da súa dentadura.

 

ESTRATEXIA EDUSI

A 'Rehabilitación da área urbana de interese cultural de Lalín de Arriba' é unha actuación enmarcada na Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21 que está cofinanciada nun 80% con fondos FEDER mediante o POCS (Plan Operativo de Crecemento Sostible) 2014-2020, actualmente integrado no POPE 2014-2020. O seu obxectivo é a recuperación dos elementos singulares do entorno de Lalín de Arriba, que está xusto á entrada do casco urbano do Camiño de Inverno, e a súa humanización mediante a recuperación da antiga calzada de pedra que discorría antigamente desde ese lugar en dirección ao centro do casco urbano. Así mesmo, esta actuación está destinada á rehabilitación e posta en valor do conxunto arquitectónico.

TAGS