Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

  • Rematáronse os traballos de instalación de canalizacións e servizos a ambos os dous lados da rúa e agora continuarase co empedrado das beirarrúas e o formigonado dende o Km 0 ata Abanca.
  • Esta actuación englóbase dentro da estratexia do Concello para humanizar de forma progresiva varios puntos do centro de Lalín e das zonas máis importantes da cidade.

 

Sábado, 2 de outubro de 2021

 

O Concello de Lalín vén de rematar os traballos de entubado e de formigonado das beirarrúas a ambos os dous lados da rúa Principal e nos vindeiros días comezará o empedrado das beirarrúas, nunha obra apoiada polos orzamentos da Estratexia EDUSI Lalín Ssuma21.

 

Nos vindeiros días darán comezo as obras de enlousado de pedra das beirarrúas e  da recollida das augas da rúa Principal e de Joaquín Loriga, para rematar a humanización co formigonado final da estrada, estimado a finais deste ano, dentro do marco da Estratexia EDUSI Lalín SSuma21, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER mediante o POCS 2014-2020.

 

No máis de un mes que leva en execución esta obra, a empresa ORESA procedeu á retirada dos vellos solados e excavacións da zonas da beirarrúas, á retirada de vellas canalizacións que quedaran obsoletas de canalizacións de servizos e á dotación de novas canalizacións soterradas para saneamento, abastecemento, enerxía eléctrica, iluminación, gas, telecomunicacións, etc. Un traballo necesario na rúa Joaquín Loriga e non na Principal onde os servizos foran totalmente modernizados cando se humanizou esta rúa troncal lalinense.

 

Dende o Concello subliñan que a actuación consiste na adaptación da Rúa Principal e Joaquín Loriga a unha plataforma única, tendo en conta que xa contaba cunha morfoloxía de beirarrúas anchas e plataforma vial dun so carril e aparcamento a un lado da calzada. Coa consecución desta plataforma única conseguirase unha grande área no centro do casco urbano perfectamente adaptada á accesibilidade e máis humanizada.

ESTRATEXIA EDUSI

O plan de humanización de estas rúas do concello está enmarcado na Estratexia EDUSI Lalín Ssuma21, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER mediante o POCS (Plan Operativo de Crecemento Sostible) 2014-2020, actualmente integrado no POPE 2014-2020, e ten por obxectivo mellorar a sostibilidade da mobilidade urbana.

 

 

 

TAGS