Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

  • A xornada, englobada dentro da actuación ‘Lalín Talento’, reunirá o vindeiro luns 4 de outubro a empresarios do ámbito da restauración na conferencia titulada ‘Empresa’

 

  • Completaranse con outras dúas conferencias neste mes de outubro: unha o vindeiro día 14, que xirará entorno ao ‘Empoderamento rural’, e outra o día 21, centrada na ‘Creatividade e TICS’.

 

Sábado, 2 de outubro de 2021

 

O Concello de Lalín abre este luns 4 de outubro a primeira das tres xornadas divulgativas do programa ‘Lalín Talento’  centrada nas empresas locais cun encontro de apoio e divulgación ao emprendemento co que pretende impulsar e incentivar o comercio e o tecido empresarial ao abeiro da estratexia DUSI Ssuma21. Esta primeira xornada, titulada ‘Empresa’, virá seguida neste mes de outubro con outras dúas conferencias que amosarán o talento local de Lalín con repercusión autonómica e nacional, para agregar valor contando historias baseadas na propia experiencia dos protagonistas.

 

Na primeira xornada, mulleres e homes que lideran, protagonizan e participan en diversos eidos da economía, da sociedade e do emprendemento lalinense contarán de primeira man a súa propia experiencia, compartindo os seus ideais e as súas traxectorias, coas que intentarán amosar aos asistentes o camiño e as estratexias de resiliencia para o éxito, e así intentar inspirar á audiencia para participar e facer seu esta difícil contorna económica e dar forza á súa comunidade.

 

 

O MELLOR TALENTO DE LALÍN

 

Entre as achegas que se presentarán na xornada ‘Empresa’ estarán os directivos de ‘Kalekoi’, Susana Aguiar e Álex Moure, dous enxeñeiros que decidiron deixar os seus respectivos traballos para tentar recuperar a gandeiría familiar de Rodeiro e lanzaron o primeiro iogurt de Galicia, e o segundo de España, elaborado co denominado leite A2.

 

Este luns tamén participarán na xornada e compartirán a súa experiencia a restauradora Lucía Freitas e a sumiller Carlota Iglesias. Lucía rexenta o restaurante compostelá ‘A Tafona’ que dende o 2009 aposta pola innovación da cociña galega moderna e marcada pola materia prima extremadamente fresca e de calidade. Ademáis no ano 2017 Freitas abriu tamén en Santiago de Compostela LUME, un novo concepto de barra gastronómica na que cociña sen etiquetas ‘slow food a lume de carozo’. Pola súa banda Carlota Iglesias é a responsable da adega do afamado restaurante lalinense ‘Cabanas’ e posúe o ‘Wine & Spirit Education Trust’, un dos certificados de sumillería máis afamados a nivel internacional.

 

Pecharán a xornada os irmáns Ana e Diego López, copropietarios do restaurante ‘La Molinera’, toda unha institución gastronómica de Galicia fundado en 1985 e máximo expoñente da cociña clásica e de calidade. Ana é a directora e sumiller do restaurante, que conta coa mellor servizo de bodega de restaurante segundo a Denominación de Orixe Ribeiro, mentres que Diego é o chef encargado da cociña de  ‘La Molinera’.

 

ESTRATEXIA EDUSI

O programa ‘Lalín Talento’ está enmarcado na Estratexia EDUSI Lalín Ssuma21, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER mediante o POCS (Plan Operativo de Crecemento Sostible) 2014-2020, actualmente integrado no POPE 2014-2020, e ten por obxectivo favorecer a pervivencia de empresas con potencial pero que no superen os 3 anos de funcionamento, prestando especial atención a aquelas iniciativas innovadoras saídas de Lalín.

 

Con ‘Lalín Talento’, o Concello tenta loitar contra a despoboación da comarca dunha maneira activa creando un contorno no que os mozos e mozas se interesen polo coñecemento como elemento de futuro e mitigar así a perda de peso dos activos locais, favorecendo a imaxe interna e externa de Lalín como un lugar de establecemento do talento e de novas iniciativas.

 

TAGS