Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

O CONCELLO CONTRATA A REDACCIÓN DA EXECUCIÓN DA ROLDA LESTE, UN NOVO TRAMO DO ‘CINTO VERDE’ QUE RODEA LALÍN

  • A redacción foi adxudicada a Marlene Pérez Sánchez e ten unha duración de dous meses. Ao seu remate licitaranse as obras de acondicionamento do novo tramo.

 

  • A superficie afectada é duns 1.375 metros cadrados cunhas dimensións exteriores de 550 metros de longo por 2,5 metros de ancho na marxe dereita do vial SG-V3 en dirección norte.

 

 

Venres, 03 de xuño de 2022

 

O concello de Lalín, no marco da Estratexia EDUSI Lalín SSUMA 21, vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución, dirección facultativa e coordinación da seguridade do tramo T9-Rolda Leste do ‘Cinto Verde’ de Lalín a Marlene Pérez Sánchez. Esta adxudicación está cofinanciada nun 80% por fondos FEDER no marco do ‘Programa Operativo de Crecemento Sostible’ (POCS) 2014-2020, actualmente integrado no POPE 2014-2020.

 

Este novo tramo, o T9-Rolda Leste, está integrado nunha actuación xa levada a cabo na súa maioría polo concello de Lalín, no que se definían 12 roteiros de actuación e que, por razóns orzamentais nun principio só se puideron executar 9 dos devanditos tramos. Agora o Concello executará unha nova senda verde, a chamada T9-Rolda Leste, definida no anteproxecto, que se encontraba inaccesible con restos de terra que proviñan da antigua construción do vial.

 

A actuación sobre o chamado tramo Rolda Leste consistirá na adecuación dos camiños públicos existentes polo que non será necesaria ningunha enaxenación de terreos. Optarase por unha plataforma multimodal peonil e ciclista baseada en sendas e, naquelas vías que compartan espazos co coche, optarase por mellorar a seguridade do peón ou do ciclista. Todo o novo tramo do ‘Cinturón Verde’ estará sinalizado homologadamente e dotarase de elementos simples e sostibles de descanso e de iluminación.

 

Na marxe deste novo tramo remata outra actuación do ‘Cinto Verde’, o tramo 8 denominado ‘Monte da Pena’, así coma a senda peonil Lalín-Goiás, que se enmarca dentro doutra liña de actuación, a chamada ‘LA11 Pasarelas Verdes de continuidade urbana sostenible e segura’.

 

O T9-Rolda Leste tamén suporá o inicio de varios roteiros. Un comenza dende o Monte da Pena e o outro dende a propia Rolda Leste. Dita senda tamén sirve de nexo de unión entre o Camiño de Santiago (a variante do Camiño de Inverno) e o paseo de Pontiñas, que se volve unir co Camiño de Santiago no tramo Oeste.

 

 

‘CINTO VERDE’: O PULMÓN DE LALÍN

Lalín dispón dun amplo corredor verde que atravesa o casco urbano en dirección SE-NO, sendo o pulmón verde da área urbana. É un lugar amplamente frecuentado polos veciños da vila. O novo tramo do ‘Cinto Verde’ únese aos nove anteriores xa executados que poden gozar os veciños de Lalín hoxe en día, facendo unha franxa que pecha ambos os dous extremos do Paseo de Pontiñas, aproveitando camiños xa existentes ou conexións viarias.

 

O ‘Cinto Verde’ completo permitirá ademais conectar perimetralmente, mediante un sistema de mobilidade sostible, os principais edificios públicos de servizos existentes no concello de Lalín. A menos de 100 metros do cinturón quedan: o Concello, o multiusos deportivo Lalín Arena, o edificio xudicial, o estadio de fútbol, o Centro de Saúde e os terreos previstos para a súa futura ubicación, a estación de autobuses, os tres colexios de Primaria do casco urbano, os dous centros de Secundaria, unha das garderías infantís públicas, o cuartel da Garda Civil, os dous cemiterios e as áreas periurbanas de Filgueira, Goiás e Donramiro.

 

 

 

ESTRATEXIA EDUSI

O plan de creación dun ‘Cinto Verde’ que percorre o perímetro do casco urbano de Lalín está enmarcado na Estratexia EDUSI Lalín Ssuma21. A inversión deste novo tramos na Rolda Leste estíamase que será de 50.000€, polo tanto, o orzamento de execución por contrata tendo en conta o beneficio industrial, os gastos xerais e o IVE será de 71.995 €.

TAGS