Onte luns, 7 de maio de 2018 tivo lugar na sala de prensa do Concello a primeira xuntanza participativa sobre o Plan Concilia Lalín incluído na estratexia Lalín Ssuma21 cofinanciado nun 80% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020”. Na reunión estiveron os concelleiros de benestar social, Nicolás González Casares e de Educación, Lara Rodríguez, así como as ANPAS dos colexios lalinenses, tanto urbanos como rurais, e representantes de diferentes asociacións da vila que traballan no eido da infancia.
A reunión estendeuse por máis de 23 horas e serviu para avaliar, principalmente as necesidades, problemas e preocupacións máis importantes no eido da conciliación aos que se enfrontan os menores lalinenses da zona rural e do casco urbano. Deste encontro serviu para convocar un segundo que vai ter lugar a semana que vén e na que se vai afondar máis en proxectos concretos sobre conciliación para ofrecerlles a cidadanía. Ademais, parte da empresa coordinadora deste programa, vanse levar a cabo enquisas coa finalidade de coñecer polo miúdo as inquedanzas dos lalinenses e que as iniciativas se axusten o máximo posible ás súas necesidades.
O Plan Concilia Lalín é un programa integrador de conciliación a nivel local que dotará ás familias dun entorno de seguridade no coidado dos fillos e fillas a través da posta en marcha de servizos de conciliación concretos adaptados ás necesidades reais da cidadanía.