Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, presentou esta mañá a nova imaxe corporativa da estratexia DUSI Lalín Ssuma 21, a través de que Lalín recibiu 5 millóns de euros de fondos europeos para investir en proxectos sociais, ambientais, de rexeneración urbana, etc. Na rolda de prensa estivo acompañado por David Silva, o lalinense encargado, xunto coa tamén lalinense, Naomi Fernández, de elaborar o deseño.

 

O concelleiro dixo estar moi satisfeito co resultado e afirmou que se trata dunha imaxe corporativa forte, recoñecible e con moita presenza, atractiva visualmente e que engloba todos os eidos de actuación desta estratexia. Porén afirmou que vai ser moi importante para facer que a cidadanía recoñeza este proxecto financiado con fondos FEDER. David Silva, pola súa banda, explicou que o deseño atende as diferentes liñas de traballo de Lalín Ssuma 21 (Sostible, Social, Ubano, e Medio ambiental) e que en definitiva trata de transmitir progreso a través da frecha que destaca no logotipo.

 

A marca Lalín Ssuma 21 estará presente en todas as obras, ademais de en follas de marca, carpetas, sobres etc, facéndoa perceptible e recoñecible para a cidadanía.

TAGS

Praza de Galicia, 1, 36500, Lalín