Ir o contido principal

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

O alcalde de Lalín e o tenente de alcalde, recibiron esta mañá no concello ao rexedor do municipio de Ames, José Miñones, nun encontro que tivo como obxectivo establecer os primeiros contactos de cara a crear un eixo de colaboración entre os dous Concellos para afrontar as problemáticas administrativas comúns orixinadas polo desenvolvemento dos programas DUSI.

 

Rafael Cuíña e Nicolás González Casares consideran moi beneficioso iniciar contactos entre ambos municipios neste eido, “xa que os dous concellos fomos beneficiados con 5 millóns de fondos europeos para o desenvolvemento de estratexias moi similares (Lalín Ssuma21 e Ames 2020)”. Porén, indican, “os fíos de colaboración serán de moita utilidade para o intercambio experiencias e puntos de vista, e sobre todo para propoñer diferentes solucións a problemas administrativos e técnicos similares derivados da xestión dos plans contemplados nos plans DUSI”.  

TAGS